Dúo artístico galego integrado por Mercè Solé e Raquel Oitavén con oito anos de investigación e traballo en proxectos de creación aérea. Formadas en prestixiosas escolas de circo internacionais, desenvolven unha linguaxe propia deseñando as súas propias estruturas, elementos aéreos e vestiarios mesturados cun toque persoal.
Trapecio, danza vertical, teas, voo, contorsión, danza, malabares… entre outras. Son algunhas das técnicas que fusionan nos seus espectáculos baixo unha concepción artística propia.
A seguridade é un dos elementos principais do traballo. Ambas as dúas son técnicas de seguridade en circo, o que lles permite continuar gozando da exploración e creación aérea.
Podedes admirar parte do seu traballo neste vídeo da TVG:
No hay comentarios:
Publicar un comentario