Presentación da programación de arte+parte 3

Na mañá de hoxe presentouse en EXPOCORUÑA a programación completa do festival Mulleres arte+parte 3. Esta presentación contou con Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, e Henrique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde, pola parte do Concello, e Ana Montes, Xerente de EXPOCORUÑA. Ademais, diversos representantes das empresas colaboradoras, como Roberto Vázquez, director do Centro Comercial "Los Rosales", e Iria Rodríguez en representación de GADISA, se deron cita para amosar o seu apoio a esta edición dun festival que pretende ser unha pedra de toque sobre o protagonismo feminino nas artes.


A principal novidade desta edición é o adianto do festival que se celebrará no Centro Comercial "Los Rosales" este venres 4 de marzo ás 18:30. Alí poderase ver a actuación da Cía Duelirium e un obradoiro infantil de circo. Tamén é de resaltar a vídeo-creación de Ana Domínguez que se poderá ver durante toda a tarde do 12 de marzo.



Vémonos en arte+parte 3!!!!!!

De esquerda a dereita, Roberto Vázquez, Director do Centro Comercial "Los Rosales", Ana Montes, Xerente de EXPOCORUÑA, Iria Rodríguez de GADISA, Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá e Henrique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde do Concello da Coruña.

A portada da guía GO de marzo estará protagonizada polo arte+parte 3

Esta é a espectacular portada que a guía GO adicará ao noso festival coincidindo co seu número de marzo. Tamén teñen colgada info correspondente neste enlace.

Arte+parte 3 pasearase polo Centro Comercial "Los Rosales" o venres 4 de marzo


As rapazas da Compañía Duelirium realizarán diferentes acrobacias sobre o chan e. logo, desenvolverase un superobradoiro infantil de circo para todos os nenos e nenas que o desexen. Todo isto a partir das 18:30 na Praza da Moda deste Centro Comercial.

O propio 12 de marzo, dentro do desenvolvemento do festival en EXPOCORUÑA, poderemos ver a estas artistas desenvolvendo as súas acrobacias aéreas!!!!!





Vídeos promocionais de arte+parte 3

Por agora están en dúas partes....e ameazan cunha terceira!!!! En todo caso, os centos de visitas que levan en youtube indican un moi bo acollemento ás aventuras coruñesas de Roxy!!!!

Primeira parte



Segunda parte

Xa se poden adquirir as entradas para Ojos de Brujo


Na páxina de TicketMaster (enlace directo)

Durante o día de hoxe estarán dispoñibles nas taquillas de NovaCaixaGalicia (enlace directo) e, a partir do martes 22, en Discos Portobello.

Ojos de Brujo encabezará o cartel do festival Mulleres arte+parte 3


O grupo barcelonés Ojos de Brujo encabezará o cartel do festival Mulleres arte+parte na súa terceira edición. Este grupo gañou un Grammy latino en 2007. Esta será a súa primeira actuación en Galicia dentro da súa anunciada xira de despedida dos escenarios.

O proxecto de Ojos de Brujo créase en Barcelona, en 1996, a raíz do encontro, en diferentes jam sessions, de distintos músicos da escena barcelonesa do momento. É destes encontros dos que xurdirán as cancións que conformarán o seu primeiro disco, Vingue, que ve a luz en 1999. Edítase, ademais de en España, noutros países como Bélxica, Holanda, Francia, Italia e Alemania, promocionándose en festivais ao longo e ancho de Europa. O boca a boca supuxo un papel vital na difusión do disco, chegando a vender corenta mil copias, vinte mil delas en oito meses.

A formación do grupo se estabilízase con Ramón Giménez, Juanlu, Mariña "a canillas", Xavi Turull, Panko, Sergio Ramos e Maxwell Wright, pero sempre contando con colaboracións de todo tipo. En 2001 rompen contrato coa súa discográfica, Edel, optan pola autoxestión e comezan a xira "Abrindo portas por toda España".

En 2002 editaron Barí, da man de La Fábrica de Colores, un selo discográfico que crean e autoxestionan para a produción e edición dos seus propios traballos. Este disco suporá o seu definitivo despegue a nivel internacional e a súa xira promocional lévaos por festivais de EEUU, México, Canadá, Xapón, Colombia, Marrocos, Portugal, Cuba, Hungría, Francia, Alemania, Holanda, Dinamarca, Noruega e Italia entre outros países.

O 20 de febreiro de 2006, publican o seu terceiro traballo titulado Techarí en Diquela Records. Neste álbum colaboran Pepe Habichuela, Martirio, Cyber (membro de Asian Dub Foundation) e Nitin Sawhney entre outros. Saíu á venda en dúas edicións diferentes, unha normal e outra deluxe ilustrada por graffiteiros, ilustradores e comiqueiros de varios países.

En 2007 editan o seu primeiro disco en directo chamado Techarí Live, onde interpretan os temas do seu último disco e unha versión de Bob Marley, "Get Up, Stand Up" xunto con Faada Freddy (DaraJ). Este disco vén acompañado cun DVD cun concerto gravado en Barcelona o 22 de decembro de 2006, un documental sobre a banda e extras.

En próximos días a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá dará a coñecer o conxunto de actividades programadas para esta nova edición do arte+parte.



Nun futuro non moi lonxano.....

Un amigo do festival envíanos este novo vídeo das aventuras coruñesas de Roxy...