Vídeo promocional da 2ª edición de arte+parte, celebrada os días 30 e 31 de outubro de 2009

Por se non tivestes oportunidade de ver este fabuloso vídeo creado para a difusión da segunda edición do Festival Mulleres arte+parte denominada arte+parte=2....Roxy e Purple márcanse un paseo pola Coruña de impredecibles consecuencias:

Corrección de erros nas bases do concurso IGUAIS de publicidade antisexista

No B.O.P. da provincia da Coruña de data 28 de xaneiro de 2011 aparece publicada unha corrección de erros na sétima cláusula das bases do concurso IGUAIS de publicidade antisexista. Esta corrección xa estaba incluída nosa bases que as perosas interesadas puideron coñecer através da web www.iguais.org, así como as que accederon a esta información que temos colgada en Igualdade Coruña.



Entrar nas bases publicadas en Igualdade Coruña

Lembrade que durante a celebración do Festival Mulleres arte+parte poderase visitar unha exposición que amosará os vintecinco mellores traballos presentados, incluíndo o traballo gañador e os accésits, a xuízo do Xurado.

"En feminino": exposición pictórica colectiva comisariada pola artista coruñesa Rebeca Ponte

“En feminino”
Proxecto orixinal e comisariado: Rebeca Ponte
Performance: Rebeca Ponte
Data: 12 de marzo de 2011
Lugar: Expocoruña
arte+parte3


Ao longo da historia da arte, as mulleres como creativas e artistas sempre estiveron relegadas a un segundo plano. Así, ata ben entrado o século XIX, os libros de historia e arte, de cando en cando, incluían nas súas páxinas biografías de mulleres escritoras, pintoras de renome ou compositoras musicais do mesmo xeito que ocorreu no mundo das ciencias ou a investigación, claro reflexo dun mundo dominado polos homes. 

Nesta mostra, de modo indirecto, as artistas participantes realizan unha homenaxe a todas as mulleres da historia que han ter que asinar as súas obras con pseudónimos ou nomes de home para que así as pezas puidesen ver a luz. Os procesos de industrialización que sacudiron Europa no século XIX e as posteriores dúas guerras mundiais incorporaron á muller á vida laboral, o que modificou drásticamente o sseu rol. 


O poder que o valor da man de obra outorgou á clase obreira no século XX deulle inevitablemente á muller un poder que esixía os seus dereitos. Esta presión transcendeu tamén as barreiras das escolas de arte e o mundo da produción artística, que foi abrindo aos poucos un oco ás mulleres. Todas elas fannos herdeiras da súa loita polo dereito á cultura e ao libre pensamento creativo que se soslaian tamén no espírito reivindicativo das autoras desta exposición.


“En feminino” é unha mostra que presenta a obra de seis artistas mulleres que na súa propia linguaxe creativa, diferente e persoal, dialogan co público a través do espazo expositivo sobre a imaxe da muller, os cambios sociais que modificaron o seu rol e o que dalgún modo as mulleres do s.XXI decidiron ser collendo o seu propio destino polas rendas, tomando as súas propias decisións, abríndose camiño nun mercado laboral dominado polos homes e establecendo un novo canon de comportamento social que salta válalas impostas polo patriarcado.

Traballando a imaxe da muller desde prismas diferentes, entre todas pretenderon ofertar un puzzle compaxinado e sensible de “a muller desde a muller” unindo varias disciplinas e estilos diferentes entre si pero que se enlazan e únense homoxeneizando a exposición na base do tema tratado.


Preguntas máis frecuentes relativas a arte+parte e que nunca te atreviches a facer....


1. Qué é Mulleres:arte+parte exactamente?

Este proxecto pretende ser unha pedra de toque sobre o papel secundario e estereotipado que as mulleres adoitan representar no mundo das diferentes disciplinas artísticas, nomeadamente na música e nas producións audiovisuais.

2. Moi ben. Resulta bastante evidente que o papel das mulleres en moitas disciplinas artísticas ( e non só nas artes...) queda reducido a un elemento decorativo-ornamental e, por tanto, "cousificado", cando non sexualizado....pero, en qué medida Mulleres: arte+parte pode servir para cambiar esta situación?

Pensemos un momento no seguinte: O resultado de reunir, nun espazo concreto, baixo unha etiqueta común e dentro dunha temporalidade definida, a artistas femininas locais, e de ámbito comarcal, xunto con artistas xa consagradas, ou emerxentes, dentro do panorama estatal e mesmo internacional, convirte esta cita nun marco incomparable e nun referente indispensable para a promoción, máis aló do ámbito da nosa cidade ou Comunidade, destas artistas de disciplinas tan variadas e de proxección totalmente indiscutible. Pintura, fotografía, grafismo urbano en espazos urbanos, cine documental, danza, equilibrismo, grupos musicais ou cómic danse a man nas diferentes edicións deste festival a partir de elementos tan simples e comúns como a reivindicación do protagonismo feminino nas artes e a realidade xeográfica que enmarca estas actuacións: a cidade da Coruña. Evidentemente, a reivindicación igualitaria do seu protagonismo artístico realízase a través dunha marca cultural que acaba chamando máis a atención polo seu contido que polo seu "continente".

3. É entón necesario que a xente acuda a este festival como a mellor forma de apoiar a estas artistas?

Por suposto que esa é unha forma de velo, pero podemos asegurarche que quen se perda este Festival estase perdendo unha das citas IM-PRES-CIN-DI-BLES na Coruña en todo o ano 2011!!!!!!.....dito isto con profundo respecto a outras moitas actividades interesantísimas que de seguro se desenvolverán.

Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá estamos tamén convencid@s de que o Festival Mulleres arte+parte3 trascende os aspectos máis directamente relacionados co ámbito puramente artístico e igualitario para asentarse tamén como unha excelente oportunidade de promoción turística tanto da nosa cidade, das súas ofertas artísticas como do seu sector servicios.

4. Por qué organiza este Festival unha concellaría como a de Igualdade e Participación Cidadá e non forma parte da programación cultural ou de Festas da cidade?

Porque está ben claro que, aínda que formalmente vivamos nunha sociedade que consagra nos seus textos legais a IGUALDADE de todas as persoas, independentemente do seu xénero ou condición, noticias como a aparecida estes días en varios medios sobre a diferencia REAL de salarios entre homes e mulleres (e que podedes consultar AQUÍAQUÍ) confirman a triste realidade de que aínda queda moitísimo camiño por percorrer.....Resultaría practicamente imposible atopar un cartel como o deste Festival de non ser impulsado desde unha concellaría como a nosa....por desgraza.

5. Todo iso está moi ben, pero....cando poderemos coñecer a programación completa de arte+parte=2 para confirmar se todo o que dicides é certo e paga moi moito a pena acudir o próximo 12 de marzo a Expocoruña?

A programación definitiva darase a coñecer entre a próxima e a seguinte semanas. Estade atent@s aos vindeiros días.

Duelirium: dúas aviadoras en arte+parte

Visita a Cia. Duelirium

Dúo artístico galego integrado por Mercè Solé e Raquel Oitavén con oito anos de investigación e traballo en proxectos de creación aérea. Formadas en prestixiosas escolas de circo internacionais, desenvolven unha linguaxe propia deseñando as súas propias estruturas, elementos aéreos e vestiarios mesturados cun toque persoal.

Trapecio, danza vertical, teas, voo, contorsión, danza, malabares… entre outras. Son algunhas das técnicas que fusionan nos seus espectáculos baixo unha concepción artística propia.

A seguridade é un dos elementos principais do traballo. Ambas as dúas son técnicas de seguridade en circo, o que lles permite continuar gozando da exploración e creación aérea.

Podedes admirar parte do seu traballo neste vídeo da TVG:

O festival xa ten o seu facebook

Neste espazo iremos publicando as diferentes novidades relativas á programación da terceira edición do festival Mulleres arte+parte.

Mulleres arte+parte no facebook

Para contactar con nós podedes empregar este espazo ou o blog no que estás agora mesmo a través dalgún comentario.

Quedan quince días de prazo para presentar traballos ao concurso IGUAIS de publicidade antisexista

A día de onte, a web de IGUAIS acadou as 20.000 visitas desde a súa posta en marcha o 10 de xaneiro. Do total destas, perto de 10.000 son visitas individualizadas, o que dá conta do interese que espertou este concurso cuxo fallo coñecerase a tarde do día 12 de marzo durante a celebración da terceira edición do Festival Mulleres arte+parte. É importante sinalar que esta web foi deseñada por Pequena Suricata, artista local responsable da exposición Visibilidade-Resetea, cambia o teu rol que fora estreada na segunda edición de arte+parte. Ver impactos de prensa AQUÍ.

Entrar en www.iguais.org

A terceira edición do arte+parte expoñerá unha selección dos mellores traballos presentados ao concurso IGUAIS de publicidade antisexista


Non se pode entender a nosa sociedade actual, ou polo menos chegar a abarcala e comprendela, sen o estudo da súa publicidade. Ben sexa polo afán desta por reflectir, coma se dun espello se tratase, as transformacións sociais máis actuais, ben sexa porque a propia publicidade xenera dinámicas socioculturais, ou polo menos a iso aspira por necesidade e definición, o certo é que resulta xa un soporte recorrente á hora de amosarnos, non sen certo compoñente humorístico, os cambios operados en nós mesmos como colectivo nos últimos anos. Efectivamente, de realizarmos unha aproximación comparada á publicidade actual, en todos os seus formatos posibles, e á de vinte anos atrás, comprobaríamos ata que punto pode esta retratar con simpleza, as maís das veces propositada, as transformacións sociais máis complexas así como os cambios operados en nós nos diferentes hábitos diarios.

Indo ao terreo que nos ocupa, que é o da igualdade entre homes e mulleres, da mesma forma en que a publicidade reflicte en moitísimas ocasións unha igualdade que existe, de certo, en tanto existe un corpus lexislativo que a consagra e en tanto houbo un cambio recente nos costumes que conduce cara a consecución deste obxectivo social común, tamén resulta en máis dunha ocasión un vehículo de perpetuación e transmisión de roles e estereotipos desigualitarios, cando non discriminatorios, que axudan, e de que forma, a perpetualos no tempo e a dotar de argumentarios de conciencia a aquelas persoas que non cren nesa igualdade nin na súa necesidade.

Con este Concurso de publicidade antisexista “IGUAIS” que convoca a nosa Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña pretendemos reflexionar sobre os códigos da publicidade gráfica actual, a que resulta desde logo máis vistosa e, posiblemente, influínte, á vez que achegar unha outra posible visión desta desde códigos igualitarios sen que se perda, en ningún momento, o seu carácter promocional e de difusión tanto de produtos como de ideas e necesidades.

A tal fin, a terceira edición do festival arte+parte ofertará unha selección dos mellores traballos presentados a este concurso. Ao mesmo tempo, será nese marco onde se dará a coñecer o traballo gañador e os dous posibles accésits. En poucos días estaremos en disposición de adiantarvos máis información sobre este evento.