Presentación do programa de arte+parte=2






Programación arte+parte=2


Venres 30 de outubro

22:00-01:00 Proposta musical con Franc3s e Fangoria




Sábado 31 de outubro

Sala de Proxeccións:
16:30 Plan Rosebud 1: A escena do crime de Maria Ruído
18:00 Debate
18:45 Irene, a porteira de Óscar Losada
19:10 Debate
19:45 Proxecto Malawi de “Liló Producións”
20:30 Debate

Hall central

17:00-21:30 Inicio actividades e stands expositivos.
17:00-21:00 FOTOGRAFÍA : Proposta fotográfica para o público do Festival con Pequena Suricata+Exposición: Cambio de Roles
17:00-21:00 EXPOSICION DE PINTURA “Ciencia Ex-Aequo”, de Margarita Cimadevila. Presencia da autora.
17:00-21:00 AREA DE DESCANSO desenvolvida por: Ana Gallego. Arquitecta
17:30-19:00 Taller de comic a cargo de Emma Ríos
19:00-19:30 Representación Danza-Teatro Asociación Intramuros: Mozas 10 Espectáculo “Camiñando”. Coordinadora: Carlota Pérez
19:30-21:30 Obradoiro de graffitti: a artista NADA (Iria Fafián Alonso) realizará en directo unha obra e, ao mesmo tempo, desenvolverá un obradoiro onde o público asistente poderá, á súa vez, realizar outra obra-mural. Na zona de exposicións tamén poderá contemplarse a obra publicitaria do Festival que Nada realizará durante a rolda de prensa do día 30 de setembro.
19:30-21:00 Mesa redonda de encontro de artistas co público: Nesa Mesa, moderada por Anxela Caramés, coñeceremos de primeira man a experiencia artística de Ana Gallego, Margarita Cimadevila, Pilar Mingote, Lucía Roche e Luciana Touceda.
21:15-01:45 Proposta musical con Scandal, Elanor, Sevigny, Silvia Penide e Anni B. Sweet




Vídeos:

Ana Montes




NADA inicia o mural




Margarida Vázquez




Quique Tello e Roxy.....parella de feito??????

Roxy sae de paseo......e 2!!!!!!!!!



Roxy sae de paseo......



Presentación do programa completo do Festival Mulleres:arte+parte=2


O próximo mércores 30 de setembro, nas instalacións de
Expocoruña, contra as 12:30 da mañá, presentarase a programación completa do Festival Mulleres, que se celebrará os días 30 e 31 de outubro na nosa cidade.

Margarida Vázquez, concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Ana Montes, Xerente de Expocoruña, Quique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde, e Anxela Caramés, moderadora dos encontros das artistas co público, darán a coñecer unha programación que combina a variedade e a calidade das diferentes propostas.....aínda que non se descartan incorporacións de última hora.......

Durante a rolda de prensa, a artista gráfica urbana NADA, Iria Fafián Alonso, realizará en directo un mural (5 metros por 2,50) conmemorativo deste evento, e que recibirá aos/ás asistentes ao Festival. Non será a única aportación de NADA á programación de arte+parte=2....pero para iso haberá que esperar ao 30 de setembro, xusto un mes antes de que dea inicio esta segunda edición.


FICHA TÉCNICA

Nome: Iria Fafián Alonso

Lugar e data de nacemento: Barcelona, 16 de marzo de 1988

Estudos actuais: Terceiro de Belas Artes na Facultade de Pontevedra.

Algúns traballos e exhibicións:

- Mural conxunto na Escola infantil Monte Alto.
- Academia de arte ``Debuxamos´´ Vigo.
- Exhibición Graffiti Vilaboa 2007
- Exhibición de Graffiti feminino VIGA 2008.


PRESENTACIÓN:

"Son natural de Barcelona, onde pasei a miña infancia. Vivín na Coruña, onde tiven ós catorce anos o primeiro contacto có graffiti. Comecei a pintar no túnel do Burgo cós amigos da zona, xuntos planeábamos as temáticas dos murais, que podían levarnos tardes enteiras.
Participei en exhibicións, como o día da muller en Vigo, e outras a nivel comarcal na Coruña.
Foi crecendo rápidamente o meu interese por esta e outras actividades coma a ilustración, a fotografía e a artesanía. Actualmente curso terceiro de Belas Artes na Facultade de Pontevedra.
Gústame facer as cousas polo mero placer de crear, exercitar a inventiva e sentir a contínua evolución e movemento".

Deixámosvos aquí unha pequena selección dalgunha das súas obras....e vémonos en Expocoruña!!!!!!!










Preguntas máis frecuentes relativas a Mulleres:arte+parte e que nunca te atreviches a facer......



1. Qué é Mulleres:arte+parte exactamente?

Este proxecto pretende ser unha pedra de toque sobre o papel secundario e estereotipado que as mulleres adoitan representar no mundo das diferentes disciplinas artísticas, nomeadamente na música e nas producións audiovisuais.

2. Moi ben. Resulta bastante evidente que o papel das mulleres en moitas disciplinas artísticas ( e non só nas artes...) queda reducido a un elemento decorativo-ornamental e, por tanto, "cousificado", cando non sexualizado....pero, en qué medida Mulleres: arte+parte pode servir para cambiar esta situación?

Pensemos un momento no seguinte: O resultado de reunir, nun espazo concreto, baixo unha etiqueta común e dentro dunha temporalidade definida, a artistas femininas locais, e de ámbito comarcal, xunto con artistas xa consagradas, ou emerxentes, dentro do panorama estatal e mesmo internacional, convirte esta cita nun marco incomparable e nun referente indispensable para a promoción, máis aló do ámbito da nosa cidade ou Comunidade, destas artistas de disciplinas tan variadas e de proxección totalmente indiscutible. Pintura, fotografía, grafismo urbano en espazos urbanos, cine documental, grupos musicais ou cómic danse a man nunha macroexposición multidisciplinar que agroma a partir de elementos tan simples e comúns como a reivindicación do protagonismo feminino nas artes e a realidade xeográfica que enmarca estas actuacións: a cidade da Coruña. Evidentemente, a reivindicación igualitaria do seu protagonismo artístico realízase a través dun Festival que acaba chamando máis a atención polo seu contido que polo seu "continente".

3. É entón necesario que a xente acuda a este festival como a mellor forma de apoiar a estas artistas?

Por suposto que esa é unha forma de velo, pero podemos asegurarche que quen se perda este Festival estase perdendo unha das citas IM-PRES-CIN-DI-BLES na Coruña en todo o ano 2009!!!!!!.....dito isto con profundo respecto a outras moitas actividades interesantísimas que se desenvolveron, algunhas tan recentes como "Contra Vento e Marea" ou tan de actualidade como Outonarte.

Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá estamos convencid@s de que o festival Mulleres arte+parte=2 trascende os aspectos máis directamente relacionados co ámbito puramente artístico e igualitario para asentarse tamén como unha excelente oportunidade de promoción turística tanto da nosa cidade, das súas ofertas artísticas como do seu sector servicios.

4. Por qué organiza este Festival unha concellaría como a de Igualdade e Participación Cidadá e non forma parte da programación cultural ou de Festas da cidade?

Porque está ben claro que, aínda que formalmente vivamos nunha sociedade que consagra nos seus textos legais a IGUALDADE de todas as persoas, independentemente do seu xénero ou condición, noticias como a aparecida hoxe en varios medios sobre a diferencia REAL de salarios entre homes e mulleres (e que podedes consultar AQUÍ) confirman a triste realidade de que aínda queda moitísimo camiño por percorrer.....Resultaría practicamente imposible atopar un cartel como o deste Festival de non ser impulsado desde unha concellaría como a nosa....por desgraza.

5. Todo iso está moi ben, pero....cando poderemos coñecer a programación completa de arte+parte=2 para confirmar se todo o que dicides é certo e paga moi moito a pena acudir os próximos días 30 e 31 de outubro a Expocoruña?

A programación definitiva darase a coñecer o próximo 30 de setembro, en rolda de prensa que se celebrará en Expocoruña. Está previsto que sexa contra as 12:30.....e contaremos con algunha das artistas alí mesmo!!!!! Estade atent@s aos vindeiros días.


Anni B. Sweet, unha das estrelas de arte+parte=2

>

Hai que recoñecer que alguén se moveu moi ben e conseguiu en exclusiva o nome dunha das artistas presentes nesta segunda edición de Arte+Parte: Anni B. Sweet.

Efectivamente, como xa vos adiantáramos, este ano o Festival Mulleres: arte+parte se desenvolverá en dúas xornadas: enres 30 e sábado 31 de outubro.

Sobre o conxunto de actividades nas que se poderá participar recibiredes moi pronto unha cumprida información. Sen embargo, a aparición nas páxinas de Axenda de La Opinión de A Coruña dun artigo titulado "La nueva musa del gazapastismo" relativo á actuación de Anni na nosa cidde, dentro da programación deste Festival, obríganos a confirmar ese dato, se ben xa vos adiantamos que non será a única actuación musical do sábado, e que haberá tamén un interesantísimo cartel o día anterior.

Dado o seu interese, e o feito de que a crítica é magnífica, reproducimos aquí esa mención inesperada, así como unhas fotos extraídas da súa páxina de Myspace. Para todo o demais, calma. Todo chegará.









Artigo de La Opinión.

La nueva musa del ‘gafapastismo’
Escrito por Rubén Bruña Miércoles, 16 de Septiembre de 2009 20:52

La cantautora malagueña Anni B. Sweet abanderará el cartel de la segunda edición del festival Mulleres Arte + Parte en Expocoruña

"La poco útil pero a la vez divertidísima Frikipedia define bajo el término gafapastismo “a todas aquellas personas alternativas que pasean por la calle con tres periódicos bajo el brazo, con su suplemento cultural o una revista de crítica literaria en su defecto, que ven cine francés siempre en versión original y son seguidores incondicionales de Jean-Luc Godard”.
La irracional página web asegura sobre los gafapastas que sus gustos musicales oscilan entre artistas como Björk, Madeleine Peiroux, Radiohead, Coldplay, Los Planetas y Elefantes. Sin la intención de molestar a nadie, ya que este redactor posiblemente podría pasar inadvertido entre ellos, el movimiento indie ha encontrado una nueva musa: Anni B. Sweet. Esta cantautora malagueña, que combina folk y pop con maestría y que muchos comparan con la nueva Lolita del pop nacional, Russian Red, sacó hace cinco meses su álbum debut Start, Restart, Undo y desde entonces todo han sido sonrisas y parabienes.
Tras difundirse ampliamente en internet, probablemente haya sido una de las pocas artistas españolas en sacarle todo el partido a MySpace, Anni B. Sweet comenzó a realizar varias giras acompañando a artistas como Antonio Vega. Recibió un fuerte impulso mediático tras realizar la ambientación musical de la serie Cazadores de hombres y su aparición en Radio 3 supuso que la lógica se impusiera: firmó un contrato con las discográficas Arindelle y Subterfuge Records.
Con motivo de la gira de presentación de su disco, Sweet hará una para en A Coruña, más concretamente en la segunda edición del festival Mulleres Arte + Parte que todavía está por configurar definitivamente. Lo que sí está cerrado es un presencia como cabeza del festival, el próximo 31 de octubre, en Expocoruña. Sus letras, que beben de la música inglesa, la melancolía y el pop, sonarán con intensidad en una cita indispensable. Si el año pasado Russian Red fue la reina del baile, en esta ocasión, ahora será Sweet la que ejerza de reina del indie".