Servizo gratuíto de párking e Servizo de Canguros


Mañá venres e o sábado, é dicir, durante a celebración do Festival, as persoas que se queiran achegar a Expocoruña terán ao seu dispor o párking do recinto, así que non hai escusas para andar por aí dando voltas como unha buxaina!!!!!

O sábado, a maiores, desde as 16:30 que comeza o primeiro documental ata as 21:00 horas, contaremos tamén cun Servizo de Canguros para as nenas e nenos que por alí anden.....




Alaska versus Fangoria


Entrevistas a Olvido Gara en diferentes medios de comunicación da Coruña!!!!!









Roxy e Purple xa andan pola Coruña!!!!!!!!!


Non hai máis que ver a rotiña coruñesa que se fan estas robotas!!!!!!!


Esperamos contar con vós este venres 30 e sábado 31 de outubro. Faremos historia....ou case.


“RESETEA: CAMBIA O TEU ROL”, EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE “MULLERES: ARTE + PARTE=2” CON 16 PERSONAXES DESTACADOS DA CORUÑA


A Coruña, 22 de outubro de 2009. O Ilustrísimo Sr. Don Javier Losada, Dona Margarida Vázquez, Fran, Yolanda Castaño, Rober Bodegas… Y así até 16 personaxes destacados da Coruña conforman a exposición de fotografía “Resetea: cambia o teu rol”, presentada na mañá de hoxe no Concello da Coruña e que se inaugurará o vindeiro 31 de outubro na segunda edición de “Mulleres: Arte + Parte”. Neste acto de presentación participaron Dona Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, Pequena Suricata, fotógrafa responsable da exposición, Dona Silvia Penide, cantante e “Fran”, ex - xogador do Deportivo da Coruña, dous dos seus protagonistas.

Filosofía de “Mulleres: Arte + Parte”

“Resetea: cambia o teu rol” é unha exposición fotográfica composta por 8 imaxes de homes e 8 imaxes de mulleres realizando accións asociadas tradicionalmente ao outro sexo, invitando deste xeito a superar as barreiras de xénero, en liña coa filosofía proposta no proxecto sociocultural “Mulleres: Arte + Parte”. Segundo Dona Margarida Vázquez, “Mulleres: Arte + Parte=2 pretende ser unha pedra de toque sobre o papel secundario e estereotipado que as mulleres adoitan representar no mundo das diferentes disciplinas artísticas. Esta exposición busca acercar esta visión aos cidadáns mediante a participación de personaxes coñecidos da cidade”.

Elba Fernández, coñecida por Pequena Suricata, autora das fotografías que compoñen esta exposición comentou durante a presentación que “creáronse escenarios, en ocasións imposibles, empregando a imaxinación como ferramenta para transmitir a mensaxe de igualdade entre xéneros”.


8 homes e 8 mulleres

A exposición fotográfica, que se poderá visitar de forma gratuíta entre as 17 e 21 horas do vindeiro 31 de outubro en EXPOCoruña, ten entre outros participantes á cantante Silvia Penide e “Fran”, ex – xogador do Deportivo, quen mostraron a súa satisfacción por participar nun proxecto destas características “polo seu compromiso social e pola transmisión de valores igualitarios”.

A continuación, poderedes ver en rigorosa exclusiva catro das dezaseis fotos das que se compón esta exposición. Trátase das fotos de Fran (futbolista), Margarida Vázquez (Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña), Silvia Penide (cantante) e Antonio Couceiro (Director Xeral de Begano S.A.).













O listado completo de personaxes destacados que compoñen esta exposición é:

- Sr. D. Manuel Aguilar López. Director da Obra Social de Caixa Galicia
- Sr. D. Rober Bodegas, humorista
- Sra. Dona Yolanda Castaño, escritora
- Sr. D. Antonio Couceiro. Director Xeral de Begano
- Sr. D. Andrés Díaz, atleta
- Sr. D. Francisco González Pérez, “Fran”, ex – xogador do Deportivo da Coruña
- Ilmo. Sr. D. Javier Losada, Alcalde do Concello da Coruña
- Ilma. Sra. Dona Carmen Marón, 2a Tenente de Alcalde Responsable de Área con delegación xenérica de Economía, Facenda e Planificación do Concello da Coruña
- Sra. Dona Sabela Martínez-Risco, humorista
- Sra. Dona Ana Montes, Directora Xerente de EXPOCoruña
- Sra. Dona Pilar Neira, seleccionadora galega de fútbol feminino, e as mozas da selección
- Sra. Dona Ángeles Pena. Directora do Museo de Belas Artes da Coruña
- Sra. Dona Silvia Penide, cantante
- Sr. D. Xurxo Souto, cantante “Diplomáticos de Monte Alto”
- Ilmo. Sr. D. Xosé Henrique Rafael Tello León, 1o. Tenente de Alcalde responsable de Área con delegación xenérica de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo
- Sra. Dona Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña

Moitísimas grazas a tod@s!!!!!!!!!!


ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS OBRADOIROS DE COMIC E GRAFFITTI, A PROGRAMACIÓN MÁIS INTERACTIVA DE MULLERES: ARTE + PARTE=2




• Dúas mozas galegas, a grafiteira Nada e a ilustradora Emma Ríos, debuxante de Marvel Comics, serán as responsables das actividades máis participativas do festival cultural co-organizado pola Concellería de Igualdade e Participación Cidadá e EXPOCoruña

• O 31 de outubro as mulleres tamén serán protagonista, diante e detrás da cámara, na sección de cine documental, a través de temas tan diversos e vixentes como a memoria histórica, o deporte ou a cooperación internacional


A Coruña, 9 de outubro de 2009. Mulleres Arte+ Parte=2, segunda edición do festival cultural co-organizado pola Concellería de Igualdade e Participación Cidadá e EXPOCoruña e que terá lugar os días 30 e 31 de outubro, ven de abrir o prazo de inscricións, sen custo adicional, para os dous obradoiros que terán lugar na tarde do 31 en info@expocoruna.com (reserva de prazas). En paralelo, desenvolverase a programación documental do festival que, cunha ampla proposta en torno ás achegas artísticas femininas, ofrece actividades para todos os públicos.

Os obradoiros serán impartidos por dúas mozas galegas que están a destacar en mundos – o cómic e o graffitti–, nos que habitualmente hai unha moi escasa participación feminina. Emma Ríos é unha nova artista coruñesa que actualmente traballa para Marvel Comics, actualizando a personaxe do Doutor Estraño. No seu obradoiro – conferencia relatará a súa experiencia no mercado americano, e a súa visión sobre o universo do cómic realizado nos EE.UU: “ O cómic e unha linguaxe máis, como o cine ou a literatura; non ten xénero e eu, dende logo, non teño sentido ningún tipo de discriminación nin como fan nin no meu traballo. Síntome máis ben privilexiada de poder traballar con guionistas que admiro dende os 15 anos”
No obradoiro de graffitti, a artista NADA (Iria Fafián Alonso) realizará en directo unha obra, que se suma á que realizou durante a presentación do festival. mentres desenvolve un obradoiro no que os asistentes poderán facer a súa obra – mural: “Queremos invitar ao público a participar, saiba ou non de graffitti ou mesmo de debuxo, é unha oportunidade de probalo por un mesmo que se presenta moi poucas veces”.


CINE DOCUMENTAL NO AUDITORIO DE EXPOCORUÑA:

A tarde do día 31 tamén ofrece unha sesión de cine documental que, cunha mirada feminina –3 historias dirixidas ou protagonizadas por mulleres- tratará temas de máxima actualidade, como a memoria histórica ou a cooperación internacional, ofrecendo a posibilidade de descubrir novas historias, como a de Irene, a porteira, coruñesa pioneira no deporte.

Plan Rosebud 2: Convocando ás pantasmas de Maria Ruído. «Non hai un documento de cultura que non o sexa tamén da barbarie»; está breve frase de Walter Benjamin foi a inspiración do equipo de Rosebud, como sinala a súa directora, María Ruído: “Viviamos daquela a conmemoración do Ano da Memoria e a efervescencia do debate sobre a coñecida popularmente como Lei de memoria histórica… e asistiamos a múltiples (e moi merecidas) homenaxes ás vítimas que o terrorismo de Estado franquista deixara en cárceres e gabias”.

Irene, a porteira de Óscar Losada. Estreado no programa Onda Curta da TVG, este documental conta a historia dunha muller que entre os anos 20 e 30 destacou na Coruña por ser porteira de fútbol en equipos masculinos, e que mesmo chegou a ter un de seu: o Irene F.C. Óscar Losada funde a súa faceta de xornalista coa de director para reconstruír unha historia da que apenas quedan documentos gráficos ou escritos, a través dos testemuños de persoas moi vinculadas ao deporte, como o ex- porteiro do Deportivo Rodrigo Vizoso, o historiador Xosé Enrique Acuña ou a xornalista e ex- futbolista Lis Franco.

Proxecto Malawi de Liló Producións. "Cambiar unha cómoda vida en Galicia pola cooperación nun país afastado, con costumes ben distintos e con centos de problemas que solucionar... pero tamén con centos de cousas que aprender, que descubrir e que vivir. Foi a elección de Xabi e de Nacho, eles descóbrennos Malawi, un espectacular país onde traballan, onde viven e onde conviven” sinalan Isabel Caamaño e Marcos Cenamor, realizadores deste documental. Un percorrido no que a malaria, a SIDA, a malnutrición ou o problema dos negros albinos son algúns dos protagonistas, pero tamén a fauna das nove reservas naturais, as súas posibilidades turísticas, a amabilidade das xentes ou as tradicións ancestrais deste pais.


SOBRE MULLERES ARTE+ PARTE

Mulleres Arte + Parte=2 pretende ser unha pedra de toque sobre o papel secundario e estereotipado que as mulleres adoitan representar no mundo das diferentes disciplinas artísticas, nomeadamente na música e no audiovisual. Así, esta edición sigue a liña da primeira na que disciplinas como a música, o cine ou o teatro, que foron os eixes dun evento no que a muller era o único protagonista e no que participaron artistas como Dorian, Nadadora, Emma Pollock, Margarida Ledo ou Lucky Soul.


ENTRADAS:

Venres 30 de outubro: Concerto de Fangoria e concertos día 31 -15 € anticipada /18 € billeteira

Sábado 31 de outubro: Concertos- 5 € / Actividades diúrnas - acceso GRATUITO
Puntos de venda: A Coruña: Fnac / Discos Portobello. Santiago de Compostela: Disco Precio

Elanor e Scandal pechan a programación musical do sábado 31


Péchase definitivamente o apartado musical desta segunda edición de arte+parte coa inclusión de dúas bandas locais, que se suman á xa anunciada presencia de Franc3s: Scandal e Elanor.

O conxunto das propostas musicais queda como segue:

VENRES 30 DE OUTUBRO

Franc3s
Fangoria

SÁBADO 31 DE OUTUBRO

Elanor
Scandal
Sevigny
Silvia Penide
Anni B. Sweet

Proba de cartel e mural de NADA creado na rolda de prensa do día 30





Estas dúas fotos fixéronse con móbil....pero é o que temos, por agora. Purple estará contenta!!!!!!





......de NADA.........


Unha empresa coruñesa, Esferobite, autora de catro videoclips de Fangoria


Grazas ao noso amigo Jose Manuel, seguidor acérrimo do noso festival, soubemos desta empresa coruñesa, Esferobite, con sede social na Rúa Vizcaya, encargada da realiozación de nada menos que catro videoclips de Fangoria, que vos presentamos a continuación.

Figuran como responsables destes traballos Belén Montero e o seu compañeiro e socio Juan Lesta. Noraboa por traballar a tan alto nivel!!!!!!.

Belen Montero

Juan Lesta


Miro la vida pasar [Fangoria] from Esferobite-DSK on Vimeo.



Hombres [Fangoria] from Esferobite-DSK on Vimeo.



Eternamente inocente [Fangoria] from Esferobite-DSK on Vimeo.



No se que me das [Fangoria] from Esferobite-DSK on Vimeo.



Desde logo, Jose Manuel merécese sen ningún xénero de dúbida unha entrada de balde pola súa excelente labor de rastreo......


Impacto nos medios de comunicación


Reproducimos aquí as novas aparecidas hoxe nos diferentes xornais, polo menos naqueles que consideraron de interese a nosa proposta:



No Xornal:

Fangoria, Anni B. Sweet e Sevigny tocarán este mes en ExpoCoruña
O recinto acolle os días 30 e 31 a obra ‘Camiñando’, realizada por reclusas de Teixeiro, e un filme sobre a galega pioneira do fútbol



“Unha reivindicación da igualdade”. Así definiu a directora de ExpoCoruña, Ana Montes, a segunda edición do proxecto cultural Mulleres Arte+Parte que terá lugar os días 30 e 31 de outubro. Pintura, fotografía, graffitti en espazos urbanos, cine documental, grupos musicais ou cómic danse a man nunha macroexposición multidisciplinar que agroma a partir de elementos comúns como a reivindicación do protagonismo feminino nas artes e na sociedade. Artistas locais, emerxentes e consagrados participan na mostra organizada para invitar á reflexión sobre o papel secundario e estereotipado que aínda representan as mulleres no ámbito cultural, nomeadamente na música e no audiovisual.
A concelleira de Igualdade, Margarida Vázquez, salientou a vertente interactiva da mostra, coorganizada polo Concello da Coruña e ExpoCoruña. Unha vez inaugurada por todo o alto coa actuación de Fangoria, o día 31 Mulleres Arte+Parte estará dedicado en boa parte á participación dos asistentes na produción cultural das artistas, con diversos obradoiros, debates e mesas redondas. Nesta segunda edición, o proxecto contará coa participación da Asociación Intramuros, integrada por un grupo de reclusas da prisión de Teixeiro, e terá especial relevancia a figura de Irene, A porteira, unha galega pioneira no fútbol.
Henrique Tello, tenente de alcalde do Concello da Coruña, destacou na presentación a importancia destes proxectos culturais que “amplían o atractivo da cidade”. Ademais, sinalou que “é importante achegar artistas foráneos pero tamén hai que aproveitar o noso potencial”.

PROGRAMA MILTIDISCIPLINAR
O día 30 de outubro ábrense as portas de ExpoCoruña para acoller a Fangoria, o grupo de Alaska e Nacho Canut. O teloneiro será Franc3s, o grupo revelación de procedencia coruñesa e cancións que rescatan o espíritu da movida madrileña.
Ao día seguinte, Mulleres Arte+Parte contará coa actuación da Asociación Intramuros, da prisión feminina de Teixeiro, que presenta o día 31 a obra Camiñando. O proxecto presta especial atención ao cine documental, cos filmes Plan Rosebud 1: A escena do crime, de María Ruido, que aborda a polémica Lei da Memoria Histórica; Irene, a porteira, a particular homenaxe de Óscar Losada á lenda feminina do fútbol galego; e Proxecto Malawi, de Isabel Caamaño e Marcos Cenamor, acerca dos proxectos de colaboración con África.
A proposta fotográfica corre a cargo da artista coruñesa Pequena Suricata, que lles fará fotos aos asistentes para regalarlles unha pequena obra de arte. A pintora Margarita Cimadevila presentará a súa exposición Ciencia Ex-Aequo, que mestura ciencia e arte nas súas obras con carácter divulgativo.
Os obradoiros de cómic e graffitti permitirán que o público participe coas artistas Emma Ríos, membro de Marvel Comics, e NADA (Iria Fafián Alonso), quen onte ilustrou a presentación de Mulleres Arte+Parte realizando un graffitti en directo. Antes das actuacións musicais que pecharán a mostra terá lugar a mesa redonda, moderada por Anxela Caramés, na que os asistentes poderán coñecer ás artistas e debatir con elas. O grupo galego indepente Sevigny, a inclasificable Silvia Penide e Anni B. Sweet, a última musa indie, porán o broche a esta homenaxe ás mulleres.


Na Opinión da Coruña:

Fangoria abandera la propuesta musical del proyecto cultural Mulleres Arte + Parte



Los días 30 y 31 de octubre, Expocoruña acogerá la segunda edición del festival Mulleres Arte + Parte, un proyecto cultural que tiene como objetivo reconocer el papel de la mujer en el proceso creativo artístico. El apartado musical lo abrirá Fangoria el viernes 30, a las 22.00 horas. El grupo de Olvido Gara y Nacho Canut presentará las canciones de su último trabajo discográfico Absolutamente, el séptimo de su aventura musical en común. Las entradas para el concierto de Fangoria cuestan 15 euros anticipadamente y 18 en las taquillas de Expocoruña.
Un día después, el escenario de Mulleres Arte + Parte recibirá los acordes de Sevigny, Silvia Penide y de la artista revelación en el panorama independiente nacional, la malagueña Anni B. Sweet. Las artistas participarán antes de sus conciertos en distintos encuentros con el público, entre los que destaca una mesa redonda para abordar la realidad de la mujer dentro del arte. El acceso a toda la programación de conciertos y de las demás actividades del sábado costará cinco euros.
Pero no sólo de música vive la mujer. El festival contará en el apartado teatral con la asociación Intramuros de la prisión femenina de Teixeiro, que representará la obra Camiñando. Expocoruña habilitará una zona de proyección en la que se exhibirán los nuevos filmes de María Ruído, Isabel Caamaño y Óscar Losada, todos ellos con la mujer como eje central de sus historias.
Otra aparición importante será la de la artista Margarita Cimadevila, que presentará su exposición de pintura, mientras que Pequena Suricata mostrará su obra fotográfica y la arquitecta Ana Gallego realizará una propuesta de arquitectura efímera, galardonada con el premio ADI FAD 2007.
En el acto de presentación del festival, la directora gerente de Expocoruña, Ana Montes, destacó que la segunda edición del proyecto “continúa creciendo y aglutinando una amplia propuesta cultural y de ocio pensada para que todos los públicos puedan participar en este homenaje a las mujeres”.
La programación de Mulleres Arte + Parte se completará con talleres de cómic, a cargo de la artista coruñesa Emma Ríos, que actualmente trabaja para Marvel Comics y de grafiti, con la artista gallega Iria Fafián Alonso.
La cita cultural en que la mujer es la principal protagonista debutó el año pasado con una edición en la que triunfaron nombres como Dorian, Nadadora, Emma Pollock, Margarida Ledo o Lucky Soul. Para asistir a los eventos, las entradas se pueden adquirir en la Fnac y Discos Portobello. Se trata de una oportunidad para ver en acción la realidad de la música, cine y el teatro con acento femenino.


No Ideal Gallego:

A segunda edición de “Mulleres arte + parte =2” abrirase con Fangoria


O grupo Fangoria encabeza o cartel da segunda edición de “Mulleres arte + parte=2”, que terá lugar o 30 e 31 de outubro en ExpoCoruña, como exemplo nutrido dunha fórmula arriscada que triunfou na década dos oitenta. Igual de arriscada quere ser a actividade multidisciplinar que engloba música, artes escénicas, audiovisual e palabra que rebota en mesas redondas, co fin de reivindicar a igualdade, a traveso de gritos de mulleres que se diferenzan pola súa impronta.
Desta forma, o recinto acollerá a voz con efectos especiais de Alaska o venres 30. A veterana compartirá escena con Franc3s, para pasar a unha segunda xornada de “Mulleres arte + parte=2”, que será espectáculo de teatro e danza con Mozas 10, a cargo da Asociación Intramuros, formada por un grupo de presas de Teixeiro. Comentaba a comisaria do evento, Ánxela Caramés, que ao contrario que noutras citas, nesta as protagonistas intercambiarán ideas co público en sendos debates, polo que as presidiarias poderán comunicarse co exterior, igual que a arquitecta Ana Gallego e as creadoras de pezas audiovisuais.

Unha delas, María Ruído, levará ao espectador até unha época de represión co traballo “A escena do crime”, que vén a ser un grito pola recuperación da memoria histórica. Tamén estará Óscar Losada facendo protagonista a Irene, que foi porteira de fútbol e fixo que o seu equipo adoptara o seu nome. Agora, as xogadoras da selección galega din chamarse “as fillas de Irene”, lembraba a concelleira de Igualdade, Margarida Vázquez.

Pola súa parte, “Proxecto Malawi” impregnará o espazo de conciencias solidarias e a fotógrafa Pequena Suricata amosará a exposición “Cambio de roles”, que terá toque dinámico xa que a artista daralle a súa visión ás instantáneas dos particulares. Como segunda mostra, a de “Ciencia Ex-Aequo”, sobre as mulleres que deron grandes chanzos no campo pero que tiveron que ocupar un segundo plano por teren coleta.

O cómic estará presente nun obradoiro, impartido pola debuxante Emma Ríos, que traballa para a firma estadounidense Marvel, xunto ao grafiti, que será creación ao longo da xornada coa artista Nada. Margarida Vázquez sinalaba que a iniciativa rompe así cos estereotipos discriminatorios para as mulleres.

O sábado rematará en concerto, esta vez, a cargo dos acordes acústicos de Sevigny, a voz poética de Silvia Penide e os ritmos indies de Anni B. Sweet. Mulleres con ganas de cambiar o mundo.



N'A Nosa Terra:


II EDICIÓN DE 'MULLERES: ARTE + PARTE'
Protagonismo feminino na Coruña
Redacción . A segunda edición do proxecto cultural 'Muller. Arte + Parte' desenvolverase os días 30 e 31 de outubro en ExpoCoruña. Hoxe presentouse a programación desta iniciativa que reivindica o protagonismo feminino.

Desenvolvido pola Concellería de Igualdade da Coruña e ExpoCoruña, este proxecto cultural presentou a súa segunda edición cunha manifestación artística en vivo. A grafiteira Nada, Iria Favián Alonso, fixo en directo un mural conmemorativo de 5 metros por 2,50.

A concelleria de Igualdade da Coruña, Margarida Vázquez, e a directora de ExpoCoruña, Ana Montes, presentaron a programación deste proxecto que se desenvolverá os días 30 e 31 de outubro no recinto feiral da cidade herculina.

'Mulleres: Arte + Parte' pretende ser unha pedra de toque sobre o papel secundario e estereotipado que as mulleres adoitan representar no mundo das diferentes disciplinas artísticas, a través da música, o cine ou o teatro, no que a figura da muller será a protagonista.

Programación

“Mulleres Arte + Parte” contará, no apartado teatral coa Asociación Intramuros da prisión feminina de Teixeiro, coa representación da obra Camiñando”; os filmes Plan Rosebud 1: A escena do crime de Maria Ruído, Proxecto Malawi de Isabel Caamaño e Marcos Cenamor e Irene, a porteira de Óscar Losada, conflúen na sección documental; Margarita Cimadevila presentará a súa exposición de pintura, Pequena Suricata amosará a súa obra fotográfica e a arquitecta Ana Gallego proporá para o evento unha arquitectura efémera baseada nunha peza de cartón galardoada co premio ADI FAD 2007.

A programación complétase con obradoiros de Cómic, a cargo da artista coruñesa Enma Ríos, que actualmente traballa para Marvel Cómics, e de Graffitti, coa artista “Nada”, Iria Fafián Alonso.

No apartado musical, que abrirá Fangoria a noite do día 30, estarán presentes o sábado 31 Sevigny, Silvia Penide e Anni B. Sweet.



Galicia Hoxe:

REIVINDICACIÓN
Mulleres Arte + Parte lembra as achegas que fai a muller
Terá lugar a finais do mes de outubro

Os próximos 30 e 31 de outubro, EXPOCoruna acollerá Mulleres Arte + Parte, un proxecto cultural coorganizado pola Concellería de Igualdade e Participación, polo Concello da Coruña e EXPOCoruña. Ten como obxectivo facer un recoñecemento das achegas sociais e culturais da muller. Este proxecto, presentado onte en EXPOCoruña polos seus promotores pretende ser unha pedra de toque sobre o papel secundario e estereotipado que as mulleres adoitan representar nas diferentes disciplinas artísticas, nomeadamente na música e no audiovisual. Neste sentido, Margarida Vázquez, concelleira de Igualdade e Participación da Coruña sinalou a importancia de iniciativas coma esta, "que dun xeito lúdico e, mesturando o social co cultural, esta iniciativa é a nosa achega para romper con estereotipos discriminatorios para as mulleres, incluíndo por exemplo, a participación da Asociación Intramuros, integrada por un grupo de reclusas da prisión de Teixeiro". Pola súa banda, Henrique Tello, responsable da Área de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo destacou "ademais a importancia de facer visibles as achegas femininas".