En feminino

“En feminino”
Proxecto orixinal e comisariado: Rebeca Ponte
Performance: Rebeca Ponte
Data: 12 de marzo de 2011
Lugar: Expocoruña
arte+parte3


Ao longo da historia da arte, as mulleres como creativas e artistas sempre estiveron relegadas a un segundo plano. Así, ata ben entrado o século XIX, os libros de historia e arte, de cando en cando, incluían nas súas páxinas biografías de mulleres escritoras, pintoras de renome ou compositoras musicais do mesmo xeito que ocorreu no mundo das ciencias ou a investigación, claro reflexo dun mundo dominado polos homes. 

Nesta mostra, de modo indirecto, as artistas participantes realizan unha homenaxe a todas as mulleres da historia que han ter que asinar as súas obras con pseudónimos ou nomes de home para que así as pezas puidesen ver a luz. Os procesos de industrialización que sacudiron Europa no século XIX e as posteriores dúas guerras mundiais incorporaron á muller á vida laboral, o que modificou drásticamente o sseu rol. 


O poder que o valor da man de obra outorgou á clase obreira no século XX deulle inevitablemente á muller un poder que esixía os seus dereitos. Esta presión transcendeu tamén as barreiras das escolas de arte e o mundo da produción artística, que foi abrindo aos poucos un oco ás mulleres. Todas elas fannos herdeiras da súa loita polo dereito á cultura e ao libre pensamento creativo que se soslaian tamén no espírito reivindicativo das autoras desta exposición.


“En feminino” é unha mostra que presenta a obra de seis artistas mulleres que na súa propia linguaxe creativa, diferente e persoal, dialogan co público a través do espazo expositivo sobre a imaxe da muller, os cambios sociais que modificaron o seu rol e o que dalgún modo as mulleres do s.XXI decidiron ser collendo o seu propio destino polas rendas, tomando as súas propias decisións, abríndose camiño nun mercado laboral dominado polos homes e establecendo un novo canon de comportamento social que salta válalas impostas polo patriarcado.

Traballando a imaxe da muller desde prismas diferentes, entre todas pretenderon ofertar un puzzle compaxinado e sensible de “a muller desde a muller” unindo varias disciplinas e estilos diferentes entre si pero que se enlazan e únense homoxeneizando a exposición na base do tema tratado.



Esta exposición inclúe unha perfomance-danza interpretada por Ánxela Blanco e Rebeca Ponte.