Presentación do programa completo do Festival Mulleres:arte+parte=2


O próximo mércores 30 de setembro, nas instalacións de
Expocoruña, contra as 12:30 da mañá, presentarase a programación completa do Festival Mulleres, que se celebrará os días 30 e 31 de outubro na nosa cidade.

Margarida Vázquez, concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Ana Montes, Xerente de Expocoruña, Quique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde, e Anxela Caramés, moderadora dos encontros das artistas co público, darán a coñecer unha programación que combina a variedade e a calidade das diferentes propostas.....aínda que non se descartan incorporacións de última hora.......

Durante a rolda de prensa, a artista gráfica urbana NADA, Iria Fafián Alonso, realizará en directo un mural (5 metros por 2,50) conmemorativo deste evento, e que recibirá aos/ás asistentes ao Festival. Non será a única aportación de NADA á programación de arte+parte=2....pero para iso haberá que esperar ao 30 de setembro, xusto un mes antes de que dea inicio esta segunda edición.


FICHA TÉCNICA

Nome: Iria Fafián Alonso

Lugar e data de nacemento: Barcelona, 16 de marzo de 1988

Estudos actuais: Terceiro de Belas Artes na Facultade de Pontevedra.

Algúns traballos e exhibicións:

- Mural conxunto na Escola infantil Monte Alto.
- Academia de arte ``Debuxamos´´ Vigo.
- Exhibición Graffiti Vilaboa 2007
- Exhibición de Graffiti feminino VIGA 2008.


PRESENTACIÓN:

"Son natural de Barcelona, onde pasei a miña infancia. Vivín na Coruña, onde tiven ós catorce anos o primeiro contacto có graffiti. Comecei a pintar no túnel do Burgo cós amigos da zona, xuntos planeábamos as temáticas dos murais, que podían levarnos tardes enteiras.
Participei en exhibicións, como o día da muller en Vigo, e outras a nivel comarcal na Coruña.
Foi crecendo rápidamente o meu interese por esta e outras actividades coma a ilustración, a fotografía e a artesanía. Actualmente curso terceiro de Belas Artes na Facultade de Pontevedra.
Gústame facer as cousas polo mero placer de crear, exercitar a inventiva e sentir a contínua evolución e movemento".

Deixámosvos aquí unha pequena selección dalgunha das súas obras....e vémonos en Expocoruña!!!!!!!










1 comentario:

  1. Ante a cantidade de chamadas que estamos a recibir sobre se se pode acudir o próximo mércores á rolda de prensa para ver e coñecer tanto o programa do festival como a obra que nos fará NADA, confirmamos que si que é posible asistir, se o desexades!!!!!

    ResponderEliminar