1. Qué é Mulleres:arte+parte exactamente?
Este proxecto pretende ser unha pedra de toque sobre o papel secundario e estereotipado que as mulleres adoitan representar no mundo das diferentes disciplinas artísticas, nomeadamente na música e nas producións audiovisuais.
2. Moi ben. Resulta bastante evidente que o papel das mulleres en moitas disciplinas artísticas ( e non só nas artes...) queda reducido a un elemento decorativo-ornamental e, por tanto, "cousificado", cando non sexualizado....pero, en qué medida Mulleres: arte+parte pode servir para cambiar esta situación?
Pensemos un momento no seguinte: O resultado de reunir, nun espazo concreto, baixo unha etiqueta común e dentro dunha temporalidade definida, a artistas femininas locais, e de ámbito comarcal, xunto con artistas xa consagradas, ou emerxentes, dentro do panorama estatal e mesmo internacional, convirte esta cita nun marco incomparable e nun referente indispensable para a promoción, máis aló do ámbito da nosa cidade ou Comunidade, destas artistas de disciplinas tan variadas e de proxección totalmente indiscutible. Pintura, fotografía, grafismo urbano en espazos urbanos, cine documental, grupos musicais ou cómic danse a man nunha macroexposición multidisciplinar que agroma a partir de elementos tan simples e comúns como a reivindicación do protagonismo feminino nas artes e a realidade xeográfica que enmarca estas actuacións: a cidade da Coruña. Evidentemente, a reivindicación igualitaria do seu protagonismo artístico realízase a través dun Festival que acaba chamando máis a atención polo seu contido que polo seu "continente".
3. É entón necesario que a xente acuda a este festival como a mellor forma de apoiar a estas artistas?
Por suposto que esa é unha forma de velo, pero podemos asegurarche que quen se perda este Festival estase perdendo unha das citas IM-PRES-CIN-DI-BLES na Coruña en todo o ano 2009!!!!!!.....dito isto con profundo respecto a outras moitas actividades interesantísimas que se desenvolveron, algunhas tan recentes como "Contra Vento e Marea" ou tan de actualidade como Outonarte.
Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá estamos convencid@s de que o festival Mulleres arte+parte=2 trascende os aspectos máis directamente relacionados co ámbito puramente artístico e igualitario para asentarse tamén como unha excelente oportunidade de promoción turística tanto da nosa cidade, das súas ofertas artísticas como do seu sector servicios.
4. Por qué organiza este Festival unha concellaría como a de Igualdade e Participación Cidadá e non forma parte da programación cultural ou de Festas da cidade?
Porque está ben claro que, aínda que formalmente vivamos nunha sociedade que consagra nos seus textos legais a IGUALDADE de todas as persoas, independentemente do seu xénero ou condición, noticias como a aparecida hoxe en varios medios sobre a diferencia REAL de salarios entre homes e mulleres (e que podedes consultar AQUÍ) confirman a triste realidade de que aínda queda moitísimo camiño por percorrer.....Resultaría practicamente imposible atopar un cartel como o deste Festival de non ser impulsado desde unha concellaría como a nosa....por desgraza.
5. Todo iso está moi ben, pero....cando poderemos coñecer a programación completa de arte+parte=2 para confirmar se todo o que dicides é certo e paga moi moito a pena acudir os próximos días 30 e 31 de outubro a Expocoruña?
A programación definitiva darase a coñecer o próximo 30 de setembro, en rolda de prensa que se celebrará en Expocoruña. Está previsto que sexa contra as 12:30.....e contaremos con algunha das artistas alí mesmo!!!!! Estade atent@s aos vindeiros días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario