Presentación da programación de arte+parte 3

Na mañá de hoxe presentouse en EXPOCORUÑA a programación completa do festival Mulleres arte+parte 3. Esta presentación contou con Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, e Henrique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde, pola parte do Concello, e Ana Montes, Xerente de EXPOCORUÑA. Ademais, diversos representantes das empresas colaboradoras, como Roberto Vázquez, director do Centro Comercial "Los Rosales", e Iria Rodríguez en representación de GADISA, se deron cita para amosar o seu apoio a esta edición dun festival que pretende ser unha pedra de toque sobre o protagonismo feminino nas artes.


A principal novidade desta edición é o adianto do festival que se celebrará no Centro Comercial "Los Rosales" este venres 4 de marzo ás 18:30. Alí poderase ver a actuación da Cía Duelirium e un obradoiro infantil de circo. Tamén é de resaltar a vídeo-creación de Ana Domínguez que se poderá ver durante toda a tarde do 12 de marzo.



Vémonos en arte+parte 3!!!!!!

De esquerda a dereita, Roberto Vázquez, Director do Centro Comercial "Los Rosales", Ana Montes, Xerente de EXPOCORUÑA, Iria Rodríguez de GADISA, Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá e Henrique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde do Concello da Coruña.

A portada da guía GO de marzo estará protagonizada polo arte+parte 3

Esta é a espectacular portada que a guía GO adicará ao noso festival coincidindo co seu número de marzo. Tamén teñen colgada info correspondente neste enlace.

Arte+parte 3 pasearase polo Centro Comercial "Los Rosales" o venres 4 de marzo


As rapazas da Compañía Duelirium realizarán diferentes acrobacias sobre o chan e. logo, desenvolverase un superobradoiro infantil de circo para todos os nenos e nenas que o desexen. Todo isto a partir das 18:30 na Praza da Moda deste Centro Comercial.

O propio 12 de marzo, dentro do desenvolvemento do festival en EXPOCORUÑA, poderemos ver a estas artistas desenvolvendo as súas acrobacias aéreas!!!!!





Vídeos promocionais de arte+parte 3

Por agora están en dúas partes....e ameazan cunha terceira!!!! En todo caso, os centos de visitas que levan en youtube indican un moi bo acollemento ás aventuras coruñesas de Roxy!!!!

Primeira parte



Segunda parte

Xa se poden adquirir as entradas para Ojos de Brujo


Na páxina de TicketMaster (enlace directo)

Durante o día de hoxe estarán dispoñibles nas taquillas de NovaCaixaGalicia (enlace directo) e, a partir do martes 22, en Discos Portobello.