Ojos de Brujo encabezará o cartel do festival Mulleres arte+parte 3


O grupo barcelonés Ojos de Brujo encabezará o cartel do festival Mulleres arte+parte na súa terceira edición. Este grupo gañou un Grammy latino en 2007. Esta será a súa primeira actuación en Galicia dentro da súa anunciada xira de despedida dos escenarios.

O proxecto de Ojos de Brujo créase en Barcelona, en 1996, a raíz do encontro, en diferentes jam sessions, de distintos músicos da escena barcelonesa do momento. É destes encontros dos que xurdirán as cancións que conformarán o seu primeiro disco, Vingue, que ve a luz en 1999. Edítase, ademais de en España, noutros países como Bélxica, Holanda, Francia, Italia e Alemania, promocionándose en festivais ao longo e ancho de Europa. O boca a boca supuxo un papel vital na difusión do disco, chegando a vender corenta mil copias, vinte mil delas en oito meses.

A formación do grupo se estabilízase con Ramón Giménez, Juanlu, Mariña "a canillas", Xavi Turull, Panko, Sergio Ramos e Maxwell Wright, pero sempre contando con colaboracións de todo tipo. En 2001 rompen contrato coa súa discográfica, Edel, optan pola autoxestión e comezan a xira "Abrindo portas por toda España".

En 2002 editaron Barí, da man de La Fábrica de Colores, un selo discográfico que crean e autoxestionan para a produción e edición dos seus propios traballos. Este disco suporá o seu definitivo despegue a nivel internacional e a súa xira promocional lévaos por festivais de EEUU, México, Canadá, Xapón, Colombia, Marrocos, Portugal, Cuba, Hungría, Francia, Alemania, Holanda, Dinamarca, Noruega e Italia entre outros países.

O 20 de febreiro de 2006, publican o seu terceiro traballo titulado Techarí en Diquela Records. Neste álbum colaboran Pepe Habichuela, Martirio, Cyber (membro de Asian Dub Foundation) e Nitin Sawhney entre outros. Saíu á venda en dúas edicións diferentes, unha normal e outra deluxe ilustrada por graffiteiros, ilustradores e comiqueiros de varios países.

En 2007 editan o seu primeiro disco en directo chamado Techarí Live, onde interpretan os temas do seu último disco e unha versión de Bob Marley, "Get Up, Stand Up" xunto con Faada Freddy (DaraJ). Este disco vén acompañado cun DVD cun concerto gravado en Barcelona o 22 de decembro de 2006, un documental sobre a banda e extras.

En próximos días a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá dará a coñecer o conxunto de actividades programadas para esta nova edición do arte+parte.



Nun futuro non moi lonxano.....

Un amigo do festival envíanos este novo vídeo das aventuras coruñesas de Roxy...

Vídeo promocional da 2ª edición de arte+parte, celebrada os días 30 e 31 de outubro de 2009

Por se non tivestes oportunidade de ver este fabuloso vídeo creado para a difusión da segunda edición do Festival Mulleres arte+parte denominada arte+parte=2....Roxy e Purple márcanse un paseo pola Coruña de impredecibles consecuencias:

Corrección de erros nas bases do concurso IGUAIS de publicidade antisexista

No B.O.P. da provincia da Coruña de data 28 de xaneiro de 2011 aparece publicada unha corrección de erros na sétima cláusula das bases do concurso IGUAIS de publicidade antisexista. Esta corrección xa estaba incluída nosa bases que as perosas interesadas puideron coñecer através da web www.iguais.org, así como as que accederon a esta información que temos colgada en Igualdade Coruña.



Entrar nas bases publicadas en Igualdade Coruña

Lembrade que durante a celebración do Festival Mulleres arte+parte poderase visitar unha exposición que amosará os vintecinco mellores traballos presentados, incluíndo o traballo gañador e os accésits, a xuízo do Xurado.

"En feminino": exposición pictórica colectiva comisariada pola artista coruñesa Rebeca Ponte

“En feminino”
Proxecto orixinal e comisariado: Rebeca Ponte
Performance: Rebeca Ponte
Data: 12 de marzo de 2011
Lugar: Expocoruña
arte+parte3


Ao longo da historia da arte, as mulleres como creativas e artistas sempre estiveron relegadas a un segundo plano. Así, ata ben entrado o século XIX, os libros de historia e arte, de cando en cando, incluían nas súas páxinas biografías de mulleres escritoras, pintoras de renome ou compositoras musicais do mesmo xeito que ocorreu no mundo das ciencias ou a investigación, claro reflexo dun mundo dominado polos homes. 

Nesta mostra, de modo indirecto, as artistas participantes realizan unha homenaxe a todas as mulleres da historia que han ter que asinar as súas obras con pseudónimos ou nomes de home para que así as pezas puidesen ver a luz. Os procesos de industrialización que sacudiron Europa no século XIX e as posteriores dúas guerras mundiais incorporaron á muller á vida laboral, o que modificou drásticamente o sseu rol. 


O poder que o valor da man de obra outorgou á clase obreira no século XX deulle inevitablemente á muller un poder que esixía os seus dereitos. Esta presión transcendeu tamén as barreiras das escolas de arte e o mundo da produción artística, que foi abrindo aos poucos un oco ás mulleres. Todas elas fannos herdeiras da súa loita polo dereito á cultura e ao libre pensamento creativo que se soslaian tamén no espírito reivindicativo das autoras desta exposición.


“En feminino” é unha mostra que presenta a obra de seis artistas mulleres que na súa propia linguaxe creativa, diferente e persoal, dialogan co público a través do espazo expositivo sobre a imaxe da muller, os cambios sociais que modificaron o seu rol e o que dalgún modo as mulleres do s.XXI decidiron ser collendo o seu propio destino polas rendas, tomando as súas propias decisións, abríndose camiño nun mercado laboral dominado polos homes e establecendo un novo canon de comportamento social que salta válalas impostas polo patriarcado.

Traballando a imaxe da muller desde prismas diferentes, entre todas pretenderon ofertar un puzzle compaxinado e sensible de “a muller desde a muller” unindo varias disciplinas e estilos diferentes entre si pero que se enlazan e únense homoxeneizando a exposición na base do tema tratado.