“RESETEA: CAMBIA O TEU ROL”, EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE “MULLERES: ARTE + PARTE=2” CON 16 PERSONAXES DESTACADOS DA CORUÑA


A Coruña, 22 de outubro de 2009. O Ilustrísimo Sr. Don Javier Losada, Dona Margarida Vázquez, Fran, Yolanda Castaño, Rober Bodegas… Y así até 16 personaxes destacados da Coruña conforman a exposición de fotografía “Resetea: cambia o teu rol”, presentada na mañá de hoxe no Concello da Coruña e que se inaugurará o vindeiro 31 de outubro na segunda edición de “Mulleres: Arte + Parte”. Neste acto de presentación participaron Dona Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, Pequena Suricata, fotógrafa responsable da exposición, Dona Silvia Penide, cantante e “Fran”, ex - xogador do Deportivo da Coruña, dous dos seus protagonistas.

Filosofía de “Mulleres: Arte + Parte”

“Resetea: cambia o teu rol” é unha exposición fotográfica composta por 8 imaxes de homes e 8 imaxes de mulleres realizando accións asociadas tradicionalmente ao outro sexo, invitando deste xeito a superar as barreiras de xénero, en liña coa filosofía proposta no proxecto sociocultural “Mulleres: Arte + Parte”. Segundo Dona Margarida Vázquez, “Mulleres: Arte + Parte=2 pretende ser unha pedra de toque sobre o papel secundario e estereotipado que as mulleres adoitan representar no mundo das diferentes disciplinas artísticas. Esta exposición busca acercar esta visión aos cidadáns mediante a participación de personaxes coñecidos da cidade”.

Elba Fernández, coñecida por Pequena Suricata, autora das fotografías que compoñen esta exposición comentou durante a presentación que “creáronse escenarios, en ocasións imposibles, empregando a imaxinación como ferramenta para transmitir a mensaxe de igualdade entre xéneros”.


8 homes e 8 mulleres

A exposición fotográfica, que se poderá visitar de forma gratuíta entre as 17 e 21 horas do vindeiro 31 de outubro en EXPOCoruña, ten entre outros participantes á cantante Silvia Penide e “Fran”, ex – xogador do Deportivo, quen mostraron a súa satisfacción por participar nun proxecto destas características “polo seu compromiso social e pola transmisión de valores igualitarios”.

A continuación, poderedes ver en rigorosa exclusiva catro das dezaseis fotos das que se compón esta exposición. Trátase das fotos de Fran (futbolista), Margarida Vázquez (Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña), Silvia Penide (cantante) e Antonio Couceiro (Director Xeral de Begano S.A.).













O listado completo de personaxes destacados que compoñen esta exposición é:

- Sr. D. Manuel Aguilar López. Director da Obra Social de Caixa Galicia
- Sr. D. Rober Bodegas, humorista
- Sra. Dona Yolanda Castaño, escritora
- Sr. D. Antonio Couceiro. Director Xeral de Begano
- Sr. D. Andrés Díaz, atleta
- Sr. D. Francisco González Pérez, “Fran”, ex – xogador do Deportivo da Coruña
- Ilmo. Sr. D. Javier Losada, Alcalde do Concello da Coruña
- Ilma. Sra. Dona Carmen Marón, 2a Tenente de Alcalde Responsable de Área con delegación xenérica de Economía, Facenda e Planificación do Concello da Coruña
- Sra. Dona Sabela Martínez-Risco, humorista
- Sra. Dona Ana Montes, Directora Xerente de EXPOCoruña
- Sra. Dona Pilar Neira, seleccionadora galega de fútbol feminino, e as mozas da selección
- Sra. Dona Ángeles Pena. Directora do Museo de Belas Artes da Coruña
- Sra. Dona Silvia Penide, cantante
- Sr. D. Xurxo Souto, cantante “Diplomáticos de Monte Alto”
- Ilmo. Sr. D. Xosé Henrique Rafael Tello León, 1o. Tenente de Alcalde responsable de Área con delegación xenérica de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo
- Sra. Dona Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña

Moitísimas grazas a tod@s!!!!!!!!!!


2 comentarios: