Presentación da programación de arte+parte 3

Na mañá de hoxe presentouse en EXPOCORUÑA a programación completa do festival Mulleres arte+parte 3. Esta presentación contou con Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, e Henrique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde, pola parte do Concello, e Ana Montes, Xerente de EXPOCORUÑA. Ademais, diversos representantes das empresas colaboradoras, como Roberto Vázquez, director do Centro Comercial "Los Rosales", e Iria Rodríguez en representación de GADISA, se deron cita para amosar o seu apoio a esta edición dun festival que pretende ser unha pedra de toque sobre o protagonismo feminino nas artes.


A principal novidade desta edición é o adianto do festival que se celebrará no Centro Comercial "Los Rosales" este venres 4 de marzo ás 18:30. Alí poderase ver a actuación da Cía Duelirium e un obradoiro infantil de circo. Tamén é de resaltar a vídeo-creación de Ana Domínguez que se poderá ver durante toda a tarde do 12 de marzo.



Vémonos en arte+parte 3!!!!!!

De esquerda a dereita, Roberto Vázquez, Director do Centro Comercial "Los Rosales", Ana Montes, Xerente de EXPOCORUÑA, Iria Rodríguez de GADISA, Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá e Henrique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde do Concello da Coruña.

1 comentario:

  1. quién es la hippie del centro de la mesa, la representante de ojos de brujo?

    ResponderEliminar